martes, 10 de septiembre de 2013

RECOLLIDO DO FACEBOOK DO C.D.BAIO:

XA ESTÁ AQUÍ A COPA DA COSTA CADETE

E cando dicimos que está aquí é que empeza este sábado 14 de setembro. Na reunión da Federación cos clubs implicados que tivo lugar este luns en Baio, acordouse dar comezo a esta competición que vén cubrir o oco que había no calendario. A proposta do Cabana presentada días atrás, e en vista que tras a renuncia do Ponteceso só quedaban 14 equipos e a liga non comezaba ata o mes de novembro, a Federación solicitou a opinión dos clubs, e ante a ausencia de baixas deulle luz verde á proposición. 
A Copa desenvolverase en dúas fases. Unha primeira de liguiña a dobre volta, con catro grupos (dous de catro e dous de tres equipos), dos que se clasifican os dous primeiros para a segunda fase. Esta segunda fase xa será en eliminatorias a partido único ata a final.

Realizado o sorteo dos grupos da primeira fase, quedaron así conformados (xogarán do 14-09 ao 19-10):

Grupo 1: EMF Carnota, As Baleas FS, UC Cee, SD Muros.
Grupo 2: UD Corcubión, SD Fisterra, CD Baio, SCRD Esteirana.
Grupo 3: Muxía CF, Sp. Zas, SD Coristanco.
Grupo 4: CF Outes , SD Cabana, Xallas Santa Comba CF.

Tamén se sortearon os emparellamentos dos cuartos, semifinais e final, que se xogarán a partido único no campo do citado en primeiro lugar:

CUARTOS DE FINAL (26-10-2013):
A) 1º Grupo 3 vs. 2º Grupo 4
B) 1º Grupo 4 vs. 2º Grupo 1
C) 1º Grupo 1 vs. 2º Grupo 2
D) 1º Grupo 2 vs. 2º Grupo 3

SEMIFINAIS (04-01-2014):
I) Vencedor A) - Vencedor B)
II) Vencedor C) - Vencedor D)

FINAL (01-05-2014):
Vencedor I) - Vencedor II

Durante o martes dará a Federación a coñecer o calendario definitivo de enfrontamentos da primeira fase, aínda que seguramente xa podemos adiantar que o CD BAIO comezará xogando o vindeiro sábado no campo da UD Corcubión.
 FUENTE: FACEBOOK C.D.BAIO
O C.D. Baio descansa a primeira xornada por non participar o U.D. Corcubión

No hay comentarios:

Publicar un comentario