sábado, 10 de septiembre de 2011

ULTIMAS NOTICIAS ROUBADAS: SABESE MAIS FORA CA NA CASA.


SACADO DE PIRATAS DE MUXIA:


Javi Suárez xa é a tódolos efectos do CD Baio

O xogador de Vilar, (Zas), Javier Suárez Amado, "Javi Suárez", estaba nunha situación contractual, na que se atopaba "antre duas terras".O xogador, que militara a pasada tempada no Sporting Zas, na Primeira Autonómica, dera a sua palabra, de formar parte do clube que dirixe o camariñán, Tono, e xogara na pretempada co equipo, pero os trocos no equipo zacense tanto na directiva coma no apartado técnico, fixeran que o de Vila, non tivese a carta de libertade.Por fín se arranxou e o xogador é a tódolos efectos xogador branquiazul.

A xunta directiva do equipo baiés, dí que "se nalgún intre se produxo algún malentendido, queren pedir desculpas tanto ao Sporting Zas coma ós seus socios", ademáis querenlle agradecer ao xogador; "O seu respeto a palabra dada, a pesares dos problems xurdidos, así coma da interferencia de outros clubes".

PODE HABER UNHA CONDICION. QUE NON PODE XOGAR CONTRA O BAIO.(RUMOREEEEEES).

No hay comentarios:

Publicar un comentario